Unha familia de Rianxo tivo que ser rescatada polo incendio dunha estufa de pellets na súa vivenda

Unha familia de Rianxo tivo que ser rescatada polo incendio dunha estufa de pellets na súa vivenda
Unha familia de Rianxo tivo que ser rescatada polo incendio dunha estufa de pellets na súa vivenda

Ás 03:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun dos moradores da vivenda informando da presencia de fume en toda a vivenda

Un total de catro persoas, dous nenos e dúas mulleres, foron evacuadas esta madrugada polos servizos sanitarios de urxencia tras producirse un incendio na súa vivenda, situada no lugar da Senra, no concello de Rianxo.

Ás 03:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun dos moradores da vivenda informando da presencia de fume en toda a vivenda, posiblemente, procedente dunha estufa de pellet.

Deste xeito, o persoal do 112 Galicia avisou aos servizos sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo confirmaron os membros do Servizo de Protección, Extinción de Incendios e Salvamento ao 112 Galicia unha vez rematadas as labores de extinción e de ventilación das vivenda, o lume afectou a unha papeleira e ao moble onde estaba gardada.

Comentarios