Chega de novo o anticiclón á cidade

Chega de novo o anticiclón á cidade
Chega de novo o anticiclón á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará 1ºC e a máxima chegará ata os 10ºC

Hoxe venres recuperaremos o dominio anticiclónico, localizándose as altas presións ao norte da península Ibérica. 

Con isto, comezaremos o día con néboas e nubes baixas que co avance da mañá irán retrocedendo e pola tarde os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados. 

As temperaturas descenderán entre moderada y notablemente, con xeadas no interior. En Compostela a temperatura mínima acadará 1ºC e a máxima chegará ata os 10ºC.

Os ventos soprarán frouxos, comezando o día de compoñente norte e acabando de compoñente sur.

Comentarios
Lo más