Un home resulta ferido ao caerlle unha rama de árbore enriba en Trazo

Un home resulta ferido ao caerlle unha rama de árbore enriba en Trazo
Un home resulta ferido ao caerlle unha rama de árbore enriba en Trazo

Co fin de prestar apoio aos servizos sanitarios, desde o 112 Galicia requiriuse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil

Un varón foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras ser golpeado pola rama dunha árbore mentres realizaba unha poda nunha finca privada no lugar de Gundille, na parroquia de Chaián.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nun principio, os profesionais sanitarios valoraban a posibilidade de mobilizar ao helicóptero medicalizado aínda que, finalmente, a súa intervención quedou descartada ao comprobar que o estado do ferido era estable.

Co fin de prestar apoio aos servizos sanitarios, desde o 112 Galicia requiriuse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Comentarios
Lo más