O Ateneo comeza o ano cunha conferencia sobre o cambio climático

O Ateneo comeza o ano cunha conferencia sobre o cambio climático
O Ateneo comeza o ano cunha conferencia sobre o cambio climático

Este luns , o Ateneo de Santiago recupera as súas conferencias dos Luns do Ateneo. 

A encargada de impartir a primeira charla será Susana Bayo Besteiro, quen falará sobre a emerxencia do clima nunha conferencia titulada «Emerxencia climática: avances da COP durante 25 anos», organizada pola sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente.

Na charla, que terá lugar como todos os luns ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19, falarásenos de emerxencia climática, analizando a principal vía para a adaptación e redución de emisións, a Conferencia das Partes (COP), órgano supremo de decisión da Convención das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático formado por máis de 190 países e que ten por obxecto lograr a estabilización dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera para que os ecosistemas poidan adaptarse sen perigo. Con motivo do 25 aniversario desta institución, Bayo fará un percorrido polos seus logros e fracasos, co obxectivo de mirar cara ao futuro climático, a COP 26.

A conferenciante Susana Bayo é investigadora predoutoral na facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, licenciada en física e máster en xestión da calidade e do medio ambiente. Asemade, foi Concelleira de Transporte e Medio Ambiente no Concello de Ourense entre 2011 e 2015 e técnica en innovación e desenvolvemento sostible en Climadaptación S.L. 

Comentarios