A Xunta financiará en Santaigo programas sociais de entidades sen ánimo de lucro

A Xunta financiará en Santaigo programas sociais de entidades sen ánimo de lucro
A Xunta financiará en Santaigo programas sociais de entidades sen ánimo de lucro

Dez entidades con sede en Santiago benefícianse de achegas por valor de dous millóns de euros, entre elas: Fundación Monte do Gozo, a Fundación Rosel ou a Fundación Amigos de Galicia 

A Consellería de Política Social inviste 12,9 millóns de euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda Galicia. No caso das organizacións con sede en Santiago de Compostela, son dez as que se benefician de achegas por un valor de dous millóns de euros.

Das entidades asentadas na capital galega destaca Cáritas, que percibe unha achega de 1,4 millóns de euros coa que se financian programas que se desenvolven en diferentes cidades e vilas de Galicia. Outras organizacións con sede en Santiago beneficiadas desta orde do IRPF son: Fundación Monte do Gozo, Acción contra el Hambre, Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus), Federación de centros xuvenís Don Bosco, Fundación Ronsel, Instituto Galego de Xestión do Terceiro Sector (Igaxes), Asociación de Formación Permanente de Adultos (Ategal) e Fundación Amigos de Galicia.

A través destes fondos procedentes do 0,7% do IRPF, Política Social axuda ao desenvolvemento de diferentes programas centrados, entre outros eidos: na inclusión sociolaboral de persoas inmigrantes e solicitantes de asilo, a terapia familia, o acompañamento a maiores que viven sos, na axuda as persoas sen fogar ou accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade da xuventude e ao voluntariado.

Ademais, a estas accións hai que engadir as que levan a cabo as distintas federacións e organizacións de ámbito autonómico que teñen implantación en Santiago de Compostela. Este é o caso, por exemplo, de organizacións como a Fundación ONCE, Fundación Anar, Federación de asociacións de persoas con enfermidades mentais (Feafes), Cruz Roja ou a Fundación Secretariado Gitano.

367 proxectos nas catro provincias

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución de axudas con cargo ao IRPF que distribúe a Consellería de Política Social. Con esta orde impulsaranse ao longo deste ano 367 proxectos en 97 entidades de Galicia.

As actuacións que se financian con estas achegas correspóndense ao eido da familia e a infancia, ao ámbito da inclusión social e a loita contra a pobreza; á area de Xuventude e o fomento do voluntariado; e ao eido da asistencia ás persoas maiores ou con discapacidade. 

Comentarios
Lo más