Domingo de transición ante a chegada dunha fronte

Domingo de transición ante a chegada dunha fronte
Domingo de transición ante a chegada dunha fronte

As temperaturas oscilarán entre os 3 e os 12 graos en Compostela

O domingo quedaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións coa proximidade dunha fronte estacionaria ao noroeste de Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos anubrados no noroeste, onde mesmo haberá a posibilidade dalgún orballo ocasional e ceos pouco anubrados ou con algunhas nubes de tipo alto no resto. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, moderados no litoral.

En Santiago esperáse un día frío no que o ceo se irá anubrando co paso da horas para dar paso a chuvia que chegará o luns á cidade. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso notable e máximas en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más