Un total de 240 pequenas empresas rurais recibiron 8,8 M€ nos últimos 4 anos

Un total de 240 pequenas empresas rurais recibiron 8,8 M€ nos últimos 4 anos
Un total de 240 pequenas empresas rurais recibiron 8,8 M€ nos últimos 4 anos

Estas subvencións permitiron a creación de 200 postos de traballo e a consolidación de mais de 1.900 empregos, que as beneficiarias se comprometen a manter na súa totalidade durante un período mínimo de tres 

Un total de 240 pequenas empresas rurais galegas resultaron beneficiarias das axudas xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) nos últimos catro anos e dirixidas a subvencionar investimentos en actividades non agrícolas.

En total, estas beneficiarias recibiron os 8,8 millóns de euros de fondos públicos cos que se dotou esta medida no cadro financeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Estas axudas tiveron un importante efecto arrastre, xa que o investimento privado total para financiar as operacións foi de mais de 23 millóns de euros.

Ademais, estas achegas permitiron a creación de 200 postos de traballo e a consolidación de mais de 1.900 empregos, que as empresas beneficiarias, de acordo coas condicións da convocatoria, se comprometen a manter na súa totalidade durante un período mínimo de tres anos.  

Polo tanto, cumpriuse así sobradamente un dos principais obxectivos da medida, que é o de manter e crear emprego en zonas rurais, unha finalidade que foi superada amplamente cuns resultados e unhas ratios excepcionais.

Coa xestión desta e doutras medidas, Agader -axencia adscrita á Consellería do Medio Rural- favorece a fixación da poboación e a mellora da calidade de vida nas zonas rurais de Galicia, contribuíndo á creación de oportunidades de emprego, así como a dinamizar e diversificar a actividade económica destas zonas de cara a mitigar o seu despoboamento.

Comentarios