Representación de "O Quebranoces" co Ballet de San Petesburgo en Santiago

Representación de "O Quebranoces" co Ballet de San Petesburgo en Santiago
Representación de "O Quebranoces" co Ballet de San Petesburgo en Santiago

 A compañía sairá a escena o vindeiro mércores 22 de xaneiro ás 20:30 horas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación do ballet O Quebranoces a cargo do Ballet de San Petesburgo en Santiago de Compostela. A función terá lugar o vindeiro mércores 22 de xaneiro, a partir das 20.30 h, no Auditorio ABANCA. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com. 

O Quebranoces, de P.I. Tchaikovsky, é a obra máis típica do Nadal do ballet clásico universal. A maxia dunha festa de Nadal fai posible que os soños de Masha se cumpran: os xoguetes cobran vida, o Quebranoces convértese nun fermoso príncipe e xuntos, tras enfrontárense aos malvados ratos, viaxan polas terras nevadas ao Palacio Máxico. Un gran espectáculo con magníficos solistas internacionais e espectacular escenografía de Eugeny Gurenko. 

O director artístico do Ballet de San Petesburgo, Andrey Batalov, é un dos máis condecorados bailaríns rusos: no 1996 gañou concursos en París e Nagoya, en Budapest (Primeiro Premio e Premio Especial Nuriev) e en Arabesk-Perm (Primeiro Premio e Premio Mikhail Baryshnikov) e foi Grand Prix na Competición Internacional de Ballet en Moscova (1997). 

Terminou a súa formación en 1992 na Academia de Ballet de San Petesburgo Vaganova. Entre 1992 e 1994 foi solista do Ballet do Teatro Mikhailovskiy de San Petesburgo e desde 1994 ata a actualidade é solista principal do Ballet Mariinsky. Tamén foi solista do Real Ballet Danés (2000-2002).

Comentarios
Lo más