Tensión na concentración de Vox na praza do Obradoiro

Tensión na concentración de Vox na praza do Obradoiro
Tensión na concentración de Vox na praza do Obradoiro

 A encargada de ler o manifesto foi a número dous de Vox pola provincia da Coruña nas pasadas eleccións xerais, Marta Carreira.

Durante a mañá de onte na emblemática Praza do Obradoiro, fronte ao Pazo de Raxoi, membros e simpatizantes da formación de Santiago Abascal estiveron presentes na concentración convocada onte e na que participaron unha trintena de persoas. A encargada de ler o manifesto foi a número dous de Vox pola provincia da Coruña nas pasadas eleccións xerais, Marta Carreira.

Cando a integrante de Vox comezou a ler o manifesto, a contraprotesta comezou a chamalos "fachas" e "ridículos" e a pedirlles que se marchasen. Foi nese preciso momento no que se produciu un pequeno achegamento entre membros dos dous grupos que obrigou a dous axentes da Policía Nacional a separalos. 

Afastados por uns metros, lanzáronse mutuamente berros e insultos. Mentres uns exclamaban "Viva España!", os outros proclamaban: "Non, non, non pasarán!". Ao redor das 13:00 horas, ambolos dous grupos quedaron disoltos.


Comentarios