Morre un mozo cando andaba no seu patinete eléctrico en Poio

Morre un mozo cando andaba no seu patinete eléctrico en Poio
Morre un mozo cando andaba no seu patinete eléctrico en Poio

Foi un particular quen deu a voz de alarma a través do 112 Galicia despois de atopar o vítima tendida no chan, ás 16:15 horas de onte

Un mozo faleceu esta tarde cando andaba co seu patinete pola zona de Lourido, en Poio.

Foi un particular quen deu a voz de alarma a través do 112 Galicia despois de atopar o vítima tendida no chan, ás 16:15 horas de onte.

A partir de aí, activouse un operativo composto polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local e Garda Civil, que, arestora, tratan de coñecer as circunstancias do falecemento, xa que descoñecen se o mozo caeu do patinete por accidente ou sufriu unha indisposición previa.  De feito, a persoa que chamou ao 112 Galicia xa viu ao rapaz inconsciente tendido no chan.

Ademais, das forzas da orde e os servizos sanitarios de urxencia, ao lugar dos feitos acudiron voluntarios de Protección Civil e especialistas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes ou Emerxencias (GIPCE) para a atención dos seus familiares, conmocionados pola noticia.

Comentarios