Denuncian "condicións escravistas" no servizo municipal de axuda no fogar de Touro

Denuncian "condicións escravistas" no servizo municipal de axuda no fogar de Touro
Denuncian "condicións escravistas" no servizo municipal de axuda no fogar de Touro

Agora a empresa adxudicataria xa amosou ante o goberno municipal a súa intención de deixar a prestación do servizo pola súa baixa rendibilidade

5,79€/hora ós que lle hai que descontar os gastos da seguridade social é o que cobran as 21 traballadoras que prestan o servizo de axuda a domicilio no Concello de Touro.

A orixe do problema radica no prego de condicións do concurso que se licitou fai máis de 2 anos. Nel primáronse as baixas económicas, outorgándolle a prestación do servizo á empresa que o fixese polo menor prezo.

Agora a empresa adxudicataria xa amosou ante o goberno municipal a súa intención de deixar a prestación do servizo pola súa baixa rendibilidade.

Deste xeito pódese entender que a situación das traballadoras sexa límite. A meirande parte delas están contratadas a tempo parcial, e os seus soldos non chegan ós 500€.

Os tempos de desprazamento non están recoñecidos e polo tanto non son remunerados, sendo en ocasións similares ó tempo de traballo.

Ante esta situación a marea veciñal de Touro levou ó pleno unha moción para mellorar as condicións das traballadoras ante a inminente saída do concurso de axuda a domicilio. Entre os puntos que recollían estaban:

Establecer criterios sociais nos pregos do concurso (maior puntuación ás empresas que ofrezan un maior salario por hora para as traballadoras, complemento por dispoñibilidade, recoñecemento dos tempos de desprazamento...), constituír unha mesa de traballo con representantes das traballadoras e sindicatos e crear un órgano de control e seguimento que supervise o cumprimento das condicións establecidas.

O goberno de Ignacio Codesido (PP) tumbou o debate da moción co seu voto negativo.

Comentarios