Retiran un artefacto explosivo na praia de Rande, en Redondela

Retiran un artefacto explosivo na praia de Rande, en Redondela
Foto de arquivo
Retiran un artefacto explosivo na praia de Rande, en Redondela

Ocorreu pasadas as dez de onte, cando a persoa localizou unha granada de morteiro entre as rochas do areal próximo ao Museo de Rande

Un veciño atopa un artefacto explosivo na Praia de Rande, en Redondela, e chama decontado ao 112 Galicia.

Ocorreu pasadas as dez de onte, cando a persoa localizou unha granada de morteiro entre as rochas do areal próximo ao Museo de Rande.

Así o indicou aos xestores do 112 Galicia, que avisaron aos axentes da Policía Local e Nacional para a retirada do artefacto en condicións de seguridade. De feito, foi arredor das dúas da tarde cando a policía confirmou ao 112 Galicia que o obxecto fora retirado por un equipo especializado do Corpo Nacional de Policía, os TEDAX.

O veciño que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia asegurou que se trataba dunha granada de morteiro que evidenciaba o paso do tempo e tiña un tamaño duns 40 centímetros. 

Comentarios