Unha exposición sobre os viños da Ribeira Sacra chega ao concello de Ribeira

Unha exposición sobre os viños da Ribeira Sacra chega ao concello de Ribeira
Unha exposición sobre os viños da Ribeira Sacra chega ao concello de Ribeira

Esta colección procede de ser exhibida en Santiago de Compostela e a técnica empregada é o óleo sobre distintos soportes como o papel, tela, o lenzo e a madeira

Dende a semana pasada ata o 14 de febreiro, quen se achegue ata a Casa do Concello de Ribeira poderá disfrutar dunha exposición formada por 24 obras inspiradas nos viños da Ribeira Sacra. O seu título, “A Riveira pola Ribeira Sacra”. Trátase dunha mostra elaborada polo binomio creativo que asina baixo o nome artístico Art Gui Glo, composto polo albaceteño Guille de la Paz e a padronesa Gloria López Paz, ambos afincadas en Boiro.

A inauguración desta exposición, que conta coa colaboración da Galería O Faiado, contou coas intervencións de Guille de la Paz e do alcalde Manuel Ruiz tras a introdución de Pastor Rodríguez, estando tamén presentes, entre outros, Eugenia Gómez, de O Faiado; a concelleira Ana Ruiz e os voceiros dos grupos do BNG e PSOE, Xosé Antonio Vázquez e Xosé Manuel Vilas.

Esta colección procede de ser exhibida en Santiago de Compostela e a técnica empregada é o óleo sobre distintos soportes como o papel, tela, o lenzo e a madeira.

Guille de la Paz manifestou que á hora de emprender a creación destas obras pintaron “con viño probado en boca” coa fin de reflectir as sensacións que lle producían os diferentes caldos. Cualificou á mostra como “ecléctica e diversa”, tanto nos seus estilos como nas sensacións, gustos, aromas, cores e praceres a que induce o viño.

Manuel Ruiz felicitou a Art Gui Glo por este traballo e convidou á veciñanza a que se pase polo consistorio para contemplar e admiralo.

Comentarios
Lo más