O partido decisivo do Peleteiro

O partido decisivo do Peleteiro
O partido decisivo do Peleteiro

O equipo notou ao principio a falta de ritmo pero a actitude era boa e conseguiron manterse no partido

Vitoria moi imporatnte en Arteixo por 71-78, nun partido, xa de por si complicado, e aínda máis tras o parón de Nadal, ao que chegaban os do Peleteiro con poucos adestramentos enriba.

O equipo notou ao principio a falta de ritmo pero a actitude era boa e conseguiron manterse no partido a pesar das cinco triplas convertidas dos locais. 20-18 no primeiro cuarto.

No segundo cuarto subiron a intensidade defensiva e comezaron a recuperar as boas sensacións de xogo. A pesar de ir 5-6 puntos por debaixo, finalizando o cuarto, grazas a dúas boas accións defensivas de Álvaro e Santi recurtaban a diferencia a un punto, 40-39.

Tras o paso polo vestiario chegaron os mellores minutos de xogo. Cun gran traballo de equipo en defensa (aínda que cabe destacar a gran labor de Antón en todo o partido parando a unha das súas maiores referencias ofensivas), máis un recital de Andrés na pintura, con 8 puntos consecutivos, os do Peleteiro déronnle a volta ao marcador cun parcial de 2-10. Finalizando o cuarto, os arteixáns conseguían meterse de novo no partido e reducían a diferencia a 5 puntos.

No último cuarto os de Compostela souberon controlar o partido aínda que os locais volvían a ter opcións de darlle a volta. De novo, os rebotes ofensivos de Santi daban moito aire, e Andrés desde a pintura e Vicario desde o tiro libre sentenciaban o partido. Moito mérito de todo o equipo que soubo sufrir e ter a cabeza fría nos momentos delicados do partido. 

Con esta vitoria os do Peleteiro quedan líderes do grupo, desta primeira fase e pasar á fase de ascenso cunha soa derrota. O vindeiro sábado rematan esta fase, o sábado ás 20:00 en Montouto, contra o Calvo-Artai, nun partido intrascendente de cara á clasificación pero que ten que servir para volver a recuperar o ritmo de xogo.

Comentarios