Ferido un operario ao caer dunha altura de catro metros en Betanzos

Ferido un operario ao caer dunha altura de catro metros en Betanzos
Ferido un operario ao caer dunha altura de catro metros en Betanzos

Os feitos sucederon nas Cascas, ao fío das 9:35 horas.

Un home resultou ferido esta mañá en Betanzos ao caer dunha escada mentres traballaba a unha altura de catro metros. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi trasladado nunha ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Os feitos sucederon nas Cascas, ao fío das 9:35 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Nada ter coñecemento, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios