O Concello e a Facultade de Odontoloxía porán en marcha un programa de saúde bucodental

O Concello e a Facultade de Odontoloxía porán en marcha un programa de saúde bucodental
O Concello e a Facultade de Odontoloxía porán en marcha un programa de saúde bucodental

A xuntanza serviu para dialogar sobre o papel da Facultade de Medicina no casco histórico de Compostela e sobre futuras colaboración

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu onte luns o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero.

A xuntanza serviu para dialogar sobre o papel da Facultade de Medicina no casco histórico de Compostela e sobre futuras colaboracións. En particular, segundo anunciou o alcalde, o Concello vai colaborar coa Facultade de Odontoloxía nun programa que permitirá o acceso á saúde bucodental de persoas sen recursos. Esta iniciativa estará incluída nos orzamentos de 2020. 

Comentarios