Reciben no Pazo de Raxoi a estudantes de intercambio de Noruega

Reciben no Pazo de Raxoi a estudantes de intercambio de Noruega
Reciben no Pazo de Raxoi a estudantes de intercambio de Noruega

Esta actividade de intercambio lingüístico e cultural permite a un grupo de alumnos de dous institutos noruegueses aprender español nos IES Antonio Fraguas, IES Xelmírez II e IESP de Ames

A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu un grupo de estudantes de Noruega que realizan as súas prácticas en institutos de Santiago e Ames. No acto tamén participaron as concelleiras María Antón (PP) e Navia Rivas (BNG).

Esta actividade de intercambio lingüístico e cultural permite a un grupo de alumnos de dous institutos noruegueses aprender español nos IES Antonio Fraguas, IES Xelmírez II e IESP de Ames. O programa está promovido polos Cursos Internacionais da USC e a Consellería de Educación, coa colaboración da Embaixada de España en Noruega. 

Comentarios