Unha fronte barrerá a cidade con chuvia e vento

Unha fronte barrerá a cidade con chuvia e vento
Unha fronte barrerá a cidade con chuvia e vento

En Compostela a temperatura mínima alcanzará os 10ºC e a máxima ata os 13ºC

O martes unha profunda borrasca situada ao sur de Irlanda deixará en Galicia unha situación de ventos do suroeste, coa chegada dunha fronte fría ao final do día. 

Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións na metade oeste, que serán xeneralizadas e de forte intensidade durante a madrugada do mércores. 

As temperaturas experimentarán un ascenso, especialmente nos valores mínimos. En Compostela a temperatura mínima alcanzará os 10ºC e a máxima ata os 13ºC.

O vento soprará forte do suroeste, con intervalos moi fortes ao final do día no litoral norte e puntos altos do interior.

Comentarios