Ribeira xa conta con dous novos membros na Policía Local

Ribeira xa conta con dous novos membros na Policía Local
Ribeira xa conta con dous novos membros na Policía Local

Onte luns tomaron posesión dos seus cargos nun acto no que estivo presente o alcalde Manuel Ruiz, ademais do xefe de policía José Manuel Bretal

Logo de superar o curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, os dous aspirantes mellor clasificados nos procesos selectivos convocados, Javier Bragado Díez e Daniel Vidal Bravo, xa son oficialmente axentes da Policía Local de Ribeira a todos os efectos.

Así e logo, onte luns tomaron posesión dos seus cargos nun acto no que estivo presente o alcalde Manuel Ruiz, ademais do xefe de policía José Manuel Bretal e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Reiriz, entre outros.

Comentarios
Lo más