O Goberno Local de Ames aproba a modificación do servizo de monitoraxe nos comedores escolares

O Goberno Local de Ames aproba a modificación do servizo de monitoraxe nos comedores escolares
O Goberno Local de Ames aproba a modificación do servizo de monitoraxe nos comedores escolares

Nel inclúese un aumento do número de horas a prestar no servizo

Despois de que o pasado 13 de decembro de 2019 a Xunta de Goberno Local procedese á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores Escolares, o representante da empresa A Billarda S.L. e o alcalde de Ames reuníronse para asinalo. Nel inclúese un aumento do número de horas a prestar no servizo. 

A modificación chega despois de que o 28 de xuño de 2018, mediante decreto 1814/2019, se acordará a primeira prórroga do contrato do Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares para o curso 2019/2020. Posteriormente, o pasado 9 de setembro de 2019, a Concellería de Educación emite unha proposta para a modificación de dito contrato. 

Na sesión da Xunta de Goberno Local do día 24 de outubro de 2019, acórdase o inicio de expediente de modificación, dándose audiencia ao contratista, e non presentando este alegación algunha á modificación proposta, que supón un aumento do número de horas a prestar o servizo. 

Xa o 13 de decembro de 2019, na sesión de Xunta de Goberno Local, procedeuse á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares do Concello de Ames. Unha modificación que é asinada o 16 de decembro de 2019 polo representante da empresa A Billarda S.L, e o alcalde de Ames, José Miñones. 

Este aumento do número de horas a prestar polo Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares supón un custe anual total para o ano 2020 de 484.624 euros. Sumándose aos 307.985,60 euros de custe do pasado ano, o contrato de monitoraxe relativo aos anos 2019 e 2020 ten un custe total de 792.610 euros.

Comentarios