Gonzalo Caballero: "O que Feijóo non fixo facer en 11 meses non o vai facer nuns meses"

Gonzalo Caballero: "O que Feijóo non fixo facer en 11 meses non o vai facer nuns meses"
Gonzalo Caballero: "O que Feijóo non fixo facer en 11 meses non o vai facer nuns meses"

O secretario xeral sinala que Feijóo “non entendeu a mensaxe das urnas” poñendo a Xunta “ao servizo do PP” para defender “os tripartitos das dereitas coa ultradereita”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu onte ante os medios, no arranque do “último tramo” do ciclo político de Feijóo, para falar da actividade a desenvolver “para consolidar o novo tempo político de Galicia”.

Fronte ao “esgotamento” do proxecto de Feijóo, que “non resolve os problemas dos galegos”, Gonzalo Caballero avanzou “unha maioría de novo selo” coherente coa folla de ruta do novo goberno progresista en España.

Ao fío disto, o líder dos socialistas galegos cuestionou a faceta de “tertuliano” dun Feijóo que “só pensa en escalar dentro do PP nacional cando está pechando o seu tempo en Galicia”.

De aí, como dixo Gonzalo Caballero, as súas críticas ao goberno presidido por Pedro Sánchez, que foi avalado pola maioría dos galegos. “Feijóo está desconectado do sentir maioritario. Non entendeu as mensaxes das urnas en 2019 nin as quere escoitar”, sentenciou, crítico con que “poña a Xunta ao servizo do PP” nesa estratexia de confrontar co presidente do goberno.

“Prefire defender os tripartitos das dereitas coa ultradereita, que supoñen un problema para as liberdades, os avances e o estado autonómico”, profundou o máximo dirixente do PSdeG, quen afeou a Feijóo que “faga seguidismo de Pablo Casado e Cayetana Álvarez de Toledo.

“QUE SEXA LEAL”

En canto aos problemas que afectan a Galicia, Gonzalo Caballero sinalou que Feijóo “non vai facer nuns meses o que non quixo facer en 11 anos” á fronte da Xunta.

Así, citou a crise demográfica e do medio rural, á que sumou as dificultades que atravesa a nosa industria ante a “inacción” da Xunta e os recortes na sanidade pública que son obxecto de numerosas protestas. Hoxe, por exemplo, do colectivo de enfermeiros eventuais, que denuncian que Galicia ten a "terceira peor ratio" destes profesionais por habitante de toda España.

Neste escenario, o secretario xeral do PSdeG requiriu a Feijóo “que sexa leal” co goberno de España e que corrixa ese “xiro á ultradereita que non convén a Galicia”.

Comentarios