Un incendio provoca danos no tellado dunha casa en Monforte de Lemos

Un incendio provoca danos no tellado dunha casa en Monforte de Lemos
Un incendio provoca danos no tellado dunha casa en Monforte de Lemos

Os feitos sucederon na rúa de Benito Vicetto, ao fío das 19:00 horas, en Monforte de Lemos

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa unifamiliar deixou danos nunha parte do seu tellado, sen rexistrarse danos persoais. Os feitos sucederon na rúa de Benito Vicetto, ao fío das 19:00 horas, en Monforte de Lemos.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia nese momento para alertar do lume e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros da localidade, á Policía Local, a Protección Civil e ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as labores de extinción do lume ao redor das 21:15 horas.

Comentarios