Acusan ao alcalde de Noia, Santiago Freire, de mentir sobre a dotación dun depósito de auga

Acusan ao alcalde de Noia, Santiago Freire, de mentir sobre a dotación dun depósito de auga
Acusan ao alcalde de Noia, Santiago Freire, de mentir sobre a dotación dun depósito de auga

Na vindeira sesión plenaria, o grupo da Marea Cidadá de Noia presentará unha moción para solicitar a inmediata execución

A Marea de Noia volve a recordar o grave incumprimento do goberno da Xunta de Galicia e as promesas de Santiago Freire en 2016, daquela o Partido Popular comprometeuse a executar nese mesmo ano un depósito da auga para mellorar a calidade da auga potable en Noia.

Catro anos despois, e logo de varias de preguntas tanto en sesión plenaria no Concello como no Parlamento Galego o compromiso asinado segue sen executarse e non ten trazas de se materializar. 

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas compareceu esta mañá para advertir que “ o goberno da Xunta  e Santiago Freire mentiron descaradamente, catro anos despois seguimos sen depósito da auga e a calidade da auga de Noia vai a peor sen se realicen melloras na captación e na planta de tratamento”

Dende a Marea aseguran que “ só nos quedan volver a reclamalo por activa e por pasiva na Xunta, cousa que seguiremos facendo, xa que Santiago Freire, por non molestar ao partido, permanece en silencio”

O grupo municipal da Marea mantivo novamente unha xuntanza co deputado Antón Sánchez que asumiu o compromiso de interpelar á Xunta de Galicia por esta cuestión, e asegurou que “O Partido Popular pretende volver a facer electoralismo coas obras, nas eleccións de 2016 anunciou un depósito da auga que é de vital importancia para Noia e agora pretende anuncialo novamente en 2020”

Pola súa parte dende a Marea destacaron que “ nestes días volveronse a manifestar problemas na auga, turbidez e mal estado, se non se ofrece unha solución teremos que recurrir a outro tipo de organismos para que obrigue aos gobernos do Partido Popular a adoptar solucións”

Na vindeira sesión plenaria, o grupo da Marea Cidadá de Noia presentará unha moción para solicitar a inmediata execución.

Comentarios