Os xuíces da Coruña insisten na necesidade do servizo de gardas 24 horas

Os xuíces da Coruña insisten na necesidade do servizo de gardas 24 horas
Os xuíces da Coruña insisten na necesidade do servizo de gardas 24 horas

Ademais, advirten de que, se a iniciativa non se leva a cabo, Galicia sería a única comunidade autónoma do Estado que carecería de gardas 24 horas en partidos xudiciais formados por oito ou máis xulgados de instrución

A Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución da Coruña insiste na necesidade da implantación do servizo de gardas 24 horas. Os membros da carreira xudicial destacan que a medida posibilitaría ofrecer á cidadanía “un servizo máis áxil e eficaz”. 

Ademais, advirten de que, se a iniciativa non se leva a cabo, Galicia sería a única comunidade autónoma do Estado que carecería de gardas 24 horas en partidos xudiciais formados por oito ou máis xulgados de instrución. Os xuíces acordaron a solicitude desta medida nunha reunión celebrada o pasado 29 de maio

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu un informe favorable á aplicación da demanda da Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución da Coruña, que reiterou esta petición nun encontro celebrado o 12 de novembro. A mesma petición foi aprobado pola Xunta Sectorial de Xuíces de Instrución de Vigo.

Comentarios