A Aula de Informática do Milladoiro chega aos 1.137 usuarios no 2019

A Aula de Informática do Milladoiro chega aos 1.137 usuarios no 2019
A Aula de Informática do Milladoiro chega aos 1.137 usuarios no 2019

A Aula de Informática do Milladoiro ven de publicar a súa memoria anual do ano 2019, na que se reflicte que foron dados de alta 20 novos socios, ademais de contabilizar un total de 1137 usuarios da Aula

A Aula de Informática do Milladoiro ven de publicar a súa memoria anual do ano 2019, na que se reflicte que foron dados de alta 20 novos socios, ademais de contabilizar un total de 1137 usuarios da Aula. Ademais, 122 persoas asistiron a algunha das xornadas ou obradoiros que desenvolve a aula trimestralmente. Isto supón un aumento do número de persoas asistentes ás actividades, en concreto, 30 máis que o ano 2018.

A Aula de Informática do Milladoiro nace no ano 2003 co obxectivo de ofrecer á veciñanza amesán unha Aula Aberta que pode ser utilizada por calquera persoa empadroada no Concello. Ademais, imparte diferentes xornadas, actividades e obradoiros relacionados ca informática, destinados a diferentes sectores de poboación.

A Aula Aberta está dispoñible para calquera persoa empadroada no Concello. Durante os horarios de apertura, que son de luns a xoves de 16.00 a 20.00 horas e os venres de 9.30 a 13.30 horas, os usuarios e usuarias poden facer traballos persoais, crear e/ou consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar, buscar información, practicar o aprendido nos cursos... O único tramite que se debe facer para usala e cubrir una ficha cos datos persoais do solicitante, para levar un rexistro dos usuarios da aula.

Despois de facer este rexistro, coñecemos que durante o ano 2019, un total de 1137 persoas foron usuarias da Aula. O mes de máis afluencia foi maio, con 148 usuarios contabilizados. Ademais, tamén creceu en 20 persoas o número de socias e socios, que deixa un total de 1641 dende o ano 2003.

XORNADAS E OBRADOIROS DESENVOLTOS DURANTE O 2019

A Aula de Informática do Milladoiro programa actividades relacionadas ca informática, Internet e mecanografía de maneira trimestral. Agás nos meses de agosto a setembro, que só hai horario de Aula Aberta de 10.00 a 13.00 horas.

Estas xornadas están destinadas a un sector da poboación concreto que normalmente se establece por idade ou tema. A súa duración depende da temática a tratar, e oscila entre as 7 e 3 horas. Mentres que as actividades de adultos se desenvolven en dous horarios a elixir, de mañá ou o de tarde, as actividades para nenas e nenos desenvólvense pola tarde despois da xornada escolar. Neste pasado mes de decembro, as actividades para nenos nas vacacións de Nadal ofrecéronse en horario de mañá, unha iniciativa que tivo boa acollida.

Desta maneira, durante o 2019 desenvolvéronse xornadas, tanto para nenos como adultos, de iniciación a Internet, de procesadores de textos, de correo-e, obradoiros de mecanografía, un obradoiro de iniciación a Internet para JUPEMI e un de tarxetas de Nadal con Scratch desenvolto no último mes do ano. En total, máis de 122 asistentes ás actividades, 30 máis que no ano 2018, e sumando un total de 2104 dende que foi aberta a Aula no 2003.

Comentarios