Yuval Noah Harari faise coa VI edición do Premio Bento Spinoza, convocado polo IES Rosalía de Castro

Yuval Noah Harari faise coa VI edición do Premio Bento Spinoza, convocado polo IES Rosalía de Castro
Yuval Noah Harari faise coa VI edición do Premio Bento Spinoza, convocado polo IES Rosalía de Castro

O premio, convocado polo compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro, réndelle tributo ao filósofo neerlandés de orixe sefardí hispano-portugués

O autor israelita Yuval Noah Harari fíxose coa VI edición do Premio Bento Spinoza pola obra De animales a deuses. Breve historia da humanidade. O ditame do xurado, conformado por alumnado dos IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Ánxel Fole de Lugo, Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda e Antón Fraguas de Santiago, deuse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Xunta. 

A obra impúxose a outros tres ensaios: Historia das historias de Galicia, de Isidro Dubert; Derradeiras testemuñas, de Svetlana Alexiévich, e Estudos do malestar. Políticas da autenticidade nas sociedades contemporáneas de José Luis Pardo. O premio, convocado polo compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro, réndelle tributo ao filósofo neerlandés de orixe sefardí hispano-portugués, herdeiro crítico do cartesianismo e considerado canda Descartes e Leibniz un dos tres grandes racionalistas da filosofía do s. XVII. E toma o seu nome porque Spinoza, ao nacer, en Ámsterdam, foi inscrito co antropónimo galego e portugués Bento, ambas as dúas linguas empregadas no ámbito familiar do autor.

Comentarios
Lo más