Oroso presenta unha campaña de concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero

Oroso presenta unha campaña de concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero
Oroso presenta unha campaña de concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero

Esta acción ten coma obxectivo achegar as familias a información e as ferramentas necesarias para facer fronte as situacións de violencia de xénero e educar en igualdade

A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social do Concello de Oroso presenta a campaña En Oroso sementamos igualdade, unha acción de  concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.

A iniciativa ten como obxectivo achegar de xeito directo ás familias a información e ferramentas necesarias para facer fronte a situacións de violencia de xénero e educar en igualdade. A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social está a distribuír mil exemplares do manual de bos usos En Oroso Sementamos igualdade, xunto con 70 carteis anunciadores da acción, entre os comercios do noso concello e os centros educativos. 

O manual de boas prácticas é unha guía de referencia destinada a que a cidadanía dispoña de suficientes recursos na súa vida cotiá para abordar situacións nas que se produce a violencia de xénero. Contén información precisa e sinxela para comezar a cambiar as actitudes e comportamentos, así como o coñecemento necesario para ser quen de recoñecer e distinguir o machismo, cambiar a mentalidade e conformar unha vila máis igualitaria, positiva e construtiva. Así mesmo, constitúe unha ferramenta práctica e útil para a elaboración de plans de igualdade e/ou a resolución de conflitos desta índole no tecido asociativo.

O libo vai acompañado dun cartel, de xeito que poidan ser situados xuntos nun lugar visible dos escaparates comerciais, bibliotecas, centros de traballo ou centros escolares, a fin de que funcione como recurso de consulta ao longo do tempo.

Onte comezou o reparto entre todas entidades a que se dirixe, entre comercios e centros educativos.

Comentarios