Incendio nunha vivenda en Rianxo

Incendio nunha vivenda en Rianxo
Incendio nunha vivenda en Rianxo

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 2:15 horas desta madrugada, tras recibir a chamada dun dos ocupantes da casa afectada

Un incendio calcinou por completo un taller localizado no baixo dunha vivenda do lugar de Burata, no concello coruñés de Rianxo.

As lapas consumiron un vehículo almacenado no interior do local sen, afortunadamente, causar danos persoais, xa que no momento dos feitos, as persoas que se atopaban na primeira planta – dous adultos e dous menores – puideron abandonar a vivenda coa axuda dunha escada situada próxima a unha fiestra.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 2:15 horas desta madrugada, tras recibir a chamada dun dos ocupantes da casa afectada. Segundo o seu relato, as lapas afectaban á planta baixa do inmoble localizado na parroquia de Taragoña.

Decontado, desde o 112 avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, aos axentes da Garda Civil e tamén aos membros de Protección Civil de Rianxo.

Unha vez rematadas as labores de extinción, os equipos de emerxencia confirmaron que as lapas consumiron o taller por completo e que a vivenda viuse afectada polo fume.

Comentarios