Evacúan a un veciño de Narón pola inhalación de fume debido a un incendio na súa vivenda

Evacúan a un veciño de Narón pola inhalación de fume debido a un incendio na súa vivenda
Evacúan a un veciño de Narón pola inhalación de fume debido a un incendio na súa vivenda

Todo comezou sobre as 05:15 horas desta madrugada cando, a esa hora, un particular solicitaba ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros para apagar un lume na vivenda do veciño

Un lavalouzas parece ser a orixe dun incendio rexistrado nunha vivenda situada no Camiño do Pino, no concello coruñés de Narón.

Aínda que nun primeiro momento non había constancia de persoas afectadas, posto que todas elas saíran ao exterior tras extinguir as lapas coa axuda dun extintor, foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para trasladar a un dos propietarios, que resultou afectado pola inhalación do fume.

Todo comezou sobre as 05:15 horas desta madrugada cando, a esa hora, un particular solicitaba ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros para apagar un lume na vivenda do veciño. Aseguraba que non había persoas afectadas, que lle ardera o lavalouzas e que tiña a casa chea de fume.

Así con estes datos, desde o 112 Galicia avisouse decontado aos Bombeiros de Narón e á Policía Local, que nada mais chegar ao enderezo citado, os axentes, solicitaron asistencia sanitaria para un dos propietarios.

Os Bombeiros confirmaron nada mais chegar que o lume xa fora extinguido polos particulares e procederon a ventilar a casa.

Segundo indicaron os servizos sanitarios, a persoa afectada foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide

Comentarios
Lo más