Arde unha vivenda en A Bola

Arde unha vivenda en A Bola
Arde unha vivenda en A Bola

Segundo o relato dos profesionais de extinción, ardeu unha vivenda unifamiliar, habitada por un inquilino, por completo e indicaron que o teito tamén colapsara

Esta madrugada, os Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova desprazáronse ata o lugar de Val de Boi, no concello de A Bola (Ourense), para apagar un lume rexistrado nunha casa. Por fortuna, ningunha persoa resultou afectada.

Segundo o relato dos profesionais de extinción, ardeu unha vivenda unifamiliar, habitada por un inquilino, por completo e indicaron que o teito tamén colapsara.

Ademais dos medios de extinción, ata o lugar tamén se desprazaron, tras ser informados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, dez minutos antes da 01:30 horas, grazas ao inquilino que chamou para pedir axuda. Indicaba que non había persoas afectadas pero que lle ardía moito a casa.   

Comentarios