Os populares piden a municipalización dos aparcamentos de praza de Galicia e Vigo

Os populares piden a municipalización dos aparcamentos de praza de Galicia e Vigo
Os populares piden a municipalización dos aparcamentos de praza de Galicia e Vigo

O obxecto desta medida de adiantar o remate do período das concesións é o de conseguir prezos públicos e asumibles con prioridade comercial, laboral e residencial

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, acompañado da vicevoceira María Castelao, ofreceu onte unha rolda de prensa na que solicitou ao Goberno de Sánchez Bugallo que valore a posible xestión municipal dos aparcamentos das prazas de Galicia e de Vigo. O obxectivo desta medida é o de conseguir prezos públicos e asumibles con prioridade comercial, laboral e residencial.

Non é alleo ao Goberno local a que en Santiago existe un problema de aparcamento. Ninguén pode pensar que o transporte público vai poder solucionar completamente este problema, polo que a veciñanza está a reclamar aparcamentos públicos a prezos accesibles.

O Grupo Municipal Popular, desde hai anos, ven defendendo a construción dun aparcamento no Campus Sur do que, incluso, elaborou un anteproxecto definido e cuantificado cando estaba no Goberno municipal; polo que Sánchez-Brunete subliñou que, aínda que esta sería unha alternativa razoable, non é a única, posto que pode haber outras máis inmediatas, rápidas, céntricas e funcionais, pero non por elo máis custosas. 

Por iso, plantexase agora esta proposta para que o Concello estude a posibilidade de xestionar directamente os aparcamentos das prazas de Galicia e a de Vigo, co que podería ofertar prazas con prezos vantaxosos.

Para elo, como a empresa concesionaria ten o servizo ata o vindeiro 2025, o Concello deberá rescatar dito contrato, acreditando o interese público da operación, no caso de que non exista un acordo entre ambas partes, e, en todo caso compensando ao empresario.

Esta operación podería representar unha cifra menor á que significa a construción dun novo parking, non sendo o problema de aparcamento en Santiago tanto un problema de número de prazas como de prezos. A operación que explicou onte o voceiro Popular sería inabordable se quedaran moitos anos de concesión, pero neste momento só quedan 5 anos, polo que pode ser factible, polo menos nunha das dúas opcións.

Por todo isto, o voceiro Popular solicita que se estude a opción de adiantar o fin desta concesión, posto que é necesario un apoio ao pequeno comercio, que cada día corre máis perigo e, ademais, o diñeiro investido nesta operación empezaríase a recuperar case de forma inmediata.

Comentarios
Lo más