Silvia Moscoso Ruibal tomará posesión como decana da Facultade de Relacións Laborais da USC

Silvia Moscoso Ruibal tomará posesión como decana da Facultade de Relacións Laborais da USC
Silvia Moscoso Ruibal tomará posesión como decana da Facultade de Relacións Laborais da USC

O acto estará presidido polo reitor Antonio López

A profesora de Psicoloxía do Traballo, Silvia Moscoso Ruibal, tomará posesión este xoves 16, ás 13:00 horas, do seu cargo como decana da Facultade de Relacións Laborais da USC. O acto estará presidido polo reitor Antonio López. 

Moscoso Ruibal foi profesora convidada na Brunel University London e é decana de Relacións Laborais dende 2015. Coordinou o Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral dende 2014 ata 2019 e co dirixiu o Máster propio en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións ata 2018.

Ten publicado arredor de medio cento de traballos, incluíndo artigos en revistas como Journal of Applied Psychology, Personnel Psychology, International Journal of Selection and Assessment, European Journal of Work and Organizational Psychology ou o European Journal of Personality. É tamén co autora de varios libros e capítulos de libros publicados en España e no estranxeiro. Ademais foi investigadora principal e colaboradora en varios proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D. 

Comentarios
Lo más