Padrón xa prepara as Festas da Pascua 2020

Padrón xa prepara as Festas da Pascua 2020
Padrón xa prepara as Festas da Pascua 2020

As festas este ano celebraranse entre o 5 e o 19 de abril

A Xunta de Goberno vén de abrir o prazo de pago das taxas para a instalacións de atraccións feirais na Festa da Pascua 2020, que terá lugar do 5 (Domingo de Ramos) ao 19 de abril (Domingo de Pascuilla). Deste xeito, as persoas que sexan titulares das autorizacións para a instalación de atraccións feirais, licitadas en 2017 ata 2020, dispoñen ata o 25 de xaneiro para proceder ao seu pago.

Así o recolle o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que publicou onte a aprobación das datas de celebración da Festa da Pascua para este 2020. Para abonar as taxas, os usuarios terán que adxuntar o Modelo de autoliquidación que se recolle como Anexo A ao prego de condicións e que se pode descargar na páxina web do Concello (www.padron.gal).

En caso de que o adxudicatario non cumprimentase este pagamento no prazo sinalado, declararase extinguida a autorización e procederase á adxudicación dese espazo ao licitador coa seguinte oferta máis vantaxosa economicamente. En caso de que quedaran parcelas libres, volveríase abrir un novo procedemento de licitación.

Unha vez realizados todos os trámites, os adxudicatarios poderán iniciar a montaxe das instalacións feirais o 29 de marzo de 2020, a partir das 19:00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e realizada a limpeza do mesmo. As atraccións deberán estar desmontadas antes das 00:00 horas do 24 de abril.

Comentarios
Lo más