Chega unha fronte moi activa á cidade

Chega unha fronte moi activa á cidade
Chega unha fronte moi activa á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 15ºC

O xoves teremos a chegada dunha nova fronte activa que arrastra moita humidade. 

Esta situación deixará unha xornada de ceos moi anubrados con chuvias xeneralizadas localmente fortes, acompañadas de aparato eléctrico. 

A cota de neve estará arredor dos 1.100 metros ó final do día. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 15ºC.

O vento durante a mañá soprará do suroeste forte, con refachos moi fortes, rolando a compoñente oeste tralo paso da fronte.

Comentarios
Lo más