Ames rexistrou 579 entradas no seu Punto Limpo

Ames rexistrou 579 entradas no seu Punto Limpo
Ames rexistrou 579 entradas no seu Punto Limpo

Das achegas feitas ao longo do mes destacan fundamentalmente os residuos eléctricos e electrónicos, que se chegaron a ser 3.437 quilogramos

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou 579 visitas durante o pasado mes de decembro. Das achegas feitas ao longo do mes destacan fundamentalmente os residuos eléctricos e electrónicos, que se chegaron a ser 3.437 quilogramos. Este servizo municipal, inaugurado en xaneiro de 2007, está xestionado pola empresa Urbaser.

O número de veciños e veciñas que fan uso do Punto Limpo para depositar alí os seus residuos segue incrementando cos anos, signo de que cada vez somos máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos residuos que non van aos colectores convencionais.

Durante o mes de decembro os veciños e veciñas de Ames entregaron 200 quilogramos de envases baleiros e contaminados, 300 quilogramos de pneumáticos fora de uso (38 unidades), 160 quilogramos de baterías de chumbo (11 unidades), 6 metros cúbicos de roupa, 90 metros cúbicos de voluminosos e 14 quilogramos de pilas (490 unidades aproximadamente).

Ademais, rexistrouse a entrada de 67 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, e de varios residuos, entre os que se encontran 20 metros cúbicos de escombro, 30 metros cúbicos de plásticos, 20 metros cúbicos de metais, 73 quilogramos de pinturas e 70 metros cúbicos de madeira. Compre engadir tamén os aceites, 46 litros de aceites vexetais e 32 litros de aceite de motor. 

Comentarios