Un bombeiro resulta ferido en Vigo mentres podaba unha árbore

Un bombeiro resulta ferido en Vigo mentres podaba unha árbore
Un bombeiro resulta ferido en Vigo mentres podaba unha árbore

Ao fío das 6:00 horas, unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba aos xestores do 112 Galicia do incidente

Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios na madrugada de hoxe despois de sufrir un accidente mentres podaba unha árbore no lugar de Fragoselo, en Vigo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo equipo médico que acudiu ata o lugar dos feitos, a árbore caeulle enriba, provocándolle lesións de diversa consideración.

Ao fío das 6:00 horas, unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba aos xestores do 112 Galicia do incidente. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento dos axentes da Policía Nacional e Local.

O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.

Comentarios
Lo más