O BNG acada un acordo unánime para tratar en terra os lodos contaminantes do Lérez

O BNG acada un acordo unánime para tratar en terra os lodos contaminantes do Lérez
O BNG acada un acordo unánime para tratar en terra os lodos contaminantes do Lérez

O deputado do BNG denunciou os máis de dez anos “liando o palangre” por parte do Partido popular que continúa buscando escusas para non executar o proxecto mais eses lodos non poden ir para calquera lugar e menos para o mar

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Luís Bará defendeu unha proposición non de lei, na comisión de Medio Ambiente, para desbloquear o proxecto da retirada e tratamento dos lodos contaminantes da dragaxe da canle do río Lérez. Bará lembrou que o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento Galego, no mes de xuño, “non se está a cumprir” polo que pediu o seu desbloqueo e iniciar un estudo que inclúa os costes.

O deputado do BNG denunciou os máis de dez anos “liando o palangre” por parte do Partido popular que continúa buscando escusas para non executar o proxecto mais eses lodos non poden ir para calquera lugar e menos para o mar. Bará recriminoulle que a Xunta utilice o mar como un vertedoiro no que cabe todo tipo de residuos pois a súa previsión de depositar os vertidos nun punto próximo a illa de Salvora é unha medida disparatada, medida que foi amplamente rexeitada polo sector pesqueiro e marisqueiro de Arousa. A solución pasa, recalou o deputado do BNG, polo “tratamento en terra”.

Bará reiterou que no acordo parlamentario, “o Parlamento instaba á Xunta a elaborar, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa”. Tras o acordo unánime acadado no Parlamento, Bará anunciou que o BNG estará “moi vixiante e exixente” a que se cumpra coa máxima axilidade. Estaremos moi vixiantes para que se peche definitivamente a posibilidade de “verter as lamas nalgunhas das rías nin preto de Sálvora” e tratar os lodos en terra como única alternativa, remarcou o nacionalista.

Comentarios