Demandan un programa autonómico para a retirada do amianto

Demandan un programa autonómico para a retirada do amianto
Demandan un programa autonómico para a retirada do amianto

Aurelio Núñez lembrou que en España “está prohibida a comercialización do amianto ou asbesto desde 2002"

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta elabore un programa autonómico para a retirada do amianto, ao tempo que o Goberno de España poña en marcha un programa nacional para a erradicación deste material que facilite o financiamento das actuacións, en consonancia cos obxectivos establecidos pola Unión Europea.

Aurelio Núñez lembrou que en España “está prohibida a comercialización do amianto ou asbesto desde 2002, adiantándose ás datas fixadas pola Unión Europea e a maioría dos países da nosa contorna”.

INCIDENCIA SÓ CANDO É INHALADO

Así mesmo, explicou que “a incidencia de enfermidades relacionadas coa exposición natural ao asbesto que se encontra no aire que respiramos considérase inapreciable, porque só produce danos cando é inhalado e non por inxestión ou contacto”.

“Hoxe non hai empresas que traballen con amianto, polo que o problema vén das demolicións ou renovacións de edificios ou vivendas nos que se utilizaron materiais que contiñan amianto, que deben ser realizadas por empresas autorizadas e con persoal adestrado e dotado de todas as medidas de seguridade para evitar problemas de saúde derivados deses traballos”, apuntou.

O portavoz popular subliñou que “a existencia de amianto nun edificio non xera por si só ningún risco para os traballadores ou veciños, xa que mentres non se manipule ou se dane o material non se produce liberación de fibras”.

Para rematar, Núñez Centeno recordou que a actual ministra de Traballo asumiu como prioridade do seu departamento combater os accidentes ou enfermidades laborais, polo que lamentou que os grupos da oposición non apoiaran esta emenda “para que o Goberno de España poña os medios para colaborar na resolución desta cuestión tan sensible e dificilmente asumible economicamente polas comunidades autónomas”.

Comentarios
Lo más