As fortes choivas provocan inundacións en varias aldeas de Brión

As fortes choivas provocan inundacións en varias aldeas de Brión
As fortes choivas provocan inundacións en varias aldeas de Brión

Ante esta situación, “todos os obreiros municipais están traballando para minimizar os danos destas fortes choivas", asegura o alcalde

As fortes choivas rexistradas nas últimas horas están a provocar múltiples inundacións en varias aldeas de Brión, especialmente nas parroquias de Bastavales, Os Ánxeles e Luaña. 

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “a gran cantidade de auga que caeu nas últimas horas está facendo estragos en instalacións como a escola unitaria dos Ánxeles, na piscina municipal e en casas particulares de lugares como Vioxo, Outeiro ou Bastavales. Incluso a propia praza do Concello non dá evacuado toda a auga caída”.

Ante esta situación, “todos os obreiros municipais están traballando para minimizar os danos destas fortes choivas e incluso aqueles que estaban de vacacións foron chamados para incorporárense aos seus postos, reforzándose tamén a dotación de membros de Protección Civil”, sinala o alcalde brionés.

Comentarios
Lo más