O casco vello será "zona cardioprotexida" coa colaboración entre Concello de o Colexio Oficial de Médicos da Coruña

O casco vello será "zona cardioprotexida" coa colaboración entre Concello de o Colexio Oficial de Médicos da Coruña
O casco vello será "zona cardioprotexida" coa colaboración entre Concello de o Colexio Oficial de Médicos da Coruña

Sánchez Bugallo recibiu con "grande interese" esta proposta, que encadrou no plan de seguridade e emerxencias previsto para o Xacobeo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Javier de Toro. No encontro falaron de dúas posibles colaboracións, unha para converter o casco histórico de Santiago nunha "zona cardioprotexida" e outra para impulsar un plan para mellorar a información da mocidade en torno ás enfermidades de transmisión sexual.

A primeira das propostas, segundo explicou Luciano Vidán, pasaría por habilitar recursos e persoas formadas converter o casco histórico nunha "zona cardioprotexida", especialmente para dar demanda ao incremento de visitantes previsto para o Xacobeo 2021. Trataríase de instalar desfibriladores e formar a xente para a súa utilización, en coordinación co 061 e o servizos de emerxencia.

Sánchez Bugallo recibiu con "grande interese" esta proposta, que encadrou no plan de seguridade e emerxencias previsto para o Xacobeo. Así, confirmou a aposta por "reforzar" este tipo de atención sanitaria, coa instalación de desfibriladores sobre todo no entorno da Catedral.

A outra proposta do Colexio é a de promover unha mellor información entre a mocidade de Compostela sobre as enfermidades de transmisión sexual. Tanto Luciano Vidán como Francisco Javier de Toro expresaron a súa preocupación por cifras "alarmantes", que nos sitúan en "datos de hai 20 anos". Atribúen o incremento destas enfermidades entre os máis novos e novas ao "acceso temperán á pornografía a través de internet".

O Colexio ten en marcha unha aplicación Android denominada Risco Cero, que ofrece "información veraz e sinxela" sobre sexualidade segura, explicou o seu presidente. Ademais, lembrou que o ano pasado conseguiron levar información sobre esta materia a 1.800 alumnos/as de institutos, polo que o Colexio quere seguir traballando neste labor de prevención, achegándose a máis mozos/as.

O rexedor tamén se comprometeu a buscar vías de colaboración, a través fundamentalmente dos centros socioculturais, para realizar charlas, conferencias e outras actividades que permitan reforzar a información para a mocidade nesta materia. 

Comentarios