Novo colapso en Urxencias con 17 pacientes graves nos corredores do Hospital

Novo colapso en Urxencias con 17 pacientes graves nos corredores do Hospital
Novo colapso en Urxencias con 17 pacientes graves nos corredores do Hospital

"O SERGAS afirma que ten dotadas 68 camas adicionais no clínico para atender o incremento da demanda asistencial durante a epidemia de gripe deste ano e que aumentou a dotación de persoal sanitario", aseguran dende a Asociación

Onte ás 16:52 horas 17 pacientes clasificados como graves agardaban a ser atendidos en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores de acceso e adxacentes do servizo de Urxencias do CHUS. A esa hora 37 pacientes estaban pendentes de ingreso ocupando as zonas de traballo. "Segue admitíndose como normal que un paciente clasificado pola triaxe como urxencia grave comece o acceso ao servizo colocado no corredor, obrigándolle a agardar en condicións vulnerables durante horas", aseguran dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.

"O SERGAS afirma que ten dotadas 68 camas adicionais no clínico para atender o incremento da demanda asistencial durante a epidemia de gripe deste ano e que aumentou a dotación de persoal sanitario". O coordinador do servizo, explicou a través dos medios de comunicación que está habendo un importante aumento das urxencias e que o proceso de ingreso dos pacientes desde o servizo a planta resulta complicado. 

"A realidade é moi tozuda e sempre acaba impoñéndose. Non hai medios dispoñibles suficientes ou postos a disposición cando sistematicamente as zonas de traballo do servizo están masificadas con pacientes en espera de ingreso durante horas. Non existen plans de continxencia planificados e operativos debidamente dotados cos medios humanos e materias, porque cando se produce un aumento esperado da demanda asistencial que se repite todos os anos durante os meses de inverno os servizos de urxencias están colapsados cos pacientes amontoados no corredor de acceso" poñen de relieve dende a Asociación. 

"Cando se afirma que os pacientes acudimos as urxencias facendo un uso abusivo do servizo, faise un exercicio de desvergonza intolerable. Ca finalidade de ocultar a realidade e non asumir as responsabilidades dos que teñen a obriga moral e legal de garantir a calidade asistencial e a asistencia urxente no momento en que é requirida cúlpase a parte mais vulnerable, a vítima da enfermidade". 

Comentarios