Preto de 400 incidencias por mor do mal tempo en Galicia

Preto de 400 incidencias por mor do mal tempo en Galicia
Preto de 400 incidencias por mor do mal tempo en Galicia

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218. Pontevedra sumou 109 incidencias, seguida de Lugo con 33 e Ourense con 13 incidencias contabilizadas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 373 incidencias relacionadas cos efectos da meteoroloxía adversa que está a afectar a nosa Comunidade desde as 00:00 e as 18:00 horas de hoxe.

Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 218. Pontevedra sumou 109 incidencias, seguida de Lugo con 33 e Ourense con 13 incidencias contabilizadas. A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (55), accións de prevención de risco (48), anegamentos en garaxes (44), bolsas de auga nas estradas (32) e anegamentos en vivendas (32) foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos, destacan o de Santiago de Compostela e o de Ribeira con 22 incidencias, respectivamente; Porto do Son con 18 e A Pobra do Caramiñal e Ferrol con 12 en cada un deles. Na provincia de Pontevedra,  Vigo alcanzou as 12, O Grove sumou 6 e A Estrada e Sanxenxo 4, respectivamente. Por outra banda, no concello de Monforte de Lemos rexistráronse 5 incidencias, en Pantón 3 e en Cervo 2. E, por último, na provincia de Ourense, A Peroxa, A Gudiña e Taboadela rexistraron 1 incidencia en cada un deles.

Comentarios
Lo más