Un incendio provoca grandes danos materiais nun centro recreativo de Ribeira

Un incendio provoca grandes danos materiais nun centro recreativo de Ribeira
Un incendio provoca grandes danos materiais nun centro recreativo de Ribeira

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ao redor das 21:00 horas

Un incendio queimou varios instrumentos e materiais musicais no interior dun centro recreativo en Ribeira, sen que ningunha persoa resultase ferida. Sucedeu no lugar do Sego, uns minutos antes das 19:40 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do lume a través dunha persoa particular. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ribeira, ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) e á Policía Local.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado ao redor das 21:00 horas.

Comentarios