Abre un centro de día para maiores con demencias

Abre un centro de día para maiores con demencias
Abre un centro de día para maiores con demencias

O novo Centro de día Salgueiriños pódese visitar os días 20 e 22 de xaneiro nunhas xornadas de Portas Abertas

A asociación galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzheimer, AGADEA, amplía a súa rede de servizos coa apertura, o vindeiro 3 de febreiro, do Centro de día Salgueiriños para persoas maiores. As súas instalacións poderán visitarse os días 20 e 22 de xaneiro nunhas xornadas de Portas Abertas.

O novo centro, situado na rúa Salgueiriños de Abaixo, 15 B, en Santiago de Compostela, conta con 26 prazas e as instalacións propias dun moderno centro de día dotadas dun completo equipamento asistencial. Será atendido por profesionais de áreas tan variadas como psicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, traballo social, logopedia, xerontoloxía e podoloxía, o que garanten un seguimento integral de cada usuario. A dispoñibilidade horaria do centro é moi ampla, de 9:00 a 20:00 h con posibilidade de acollerse a media xornada ou xornada completa.

O Centro de día Salgueiriños é unha opción adecuada para maiores que precisan servizos profesionais de estimulación cognitiva e física pero que queren permañecer nas súas casas. Ademais dos servicios básicos de restauración, hixiene, actividades recreativas e sociais, conta con servizos especializados dirixidos a mellorar a calidade de vida dos maiores, así como a manter a autonomía a nivel bio-psico-social. Tamén outros complementarios, como podoloxía, fisioterapia e logopedia.

Para facilitar a chegada ao centro, AGADEA, pon a disposición dos usuarios un servizo de transporte adaptado que os recollerá nas súas vivendas habituais pasar a xornada e para realizar actividades específicas e saídas programadas.

Entre os obxectivos de AGADEA está o dar resposta ás necesidades, cada vez maiores, das familias, debido aos cambios demográficos e o envellecemento da poboación. Con este novo centro de día, AGADEA completa a súa rede asistencial en Santiago de Compostela, con dous centros de estimulación, un no Ensanche e outro en Salgueiriños, e a partir de febreiro, con este novo centro de día.

Actualmente a entidade conta ampla experiencia na xestión, con dous centros de día, un en Ribeira e outro na Estrada e varios centros de estimulación terapéutica: no concello de Teo, Boiro e de Vedra.  Deste forma, AGADEA, entidade, con máis de 25 anos de vida, está presente en tres comarcas galegas; Terra de Montes, o Barzanza e Tabeirós e comarca de Santiago. 

Comentarios