A plataforma contra a mina de Touro denuncia que a Xunta favorece ás empresas e non ao medio ambiente

A plataforma contra a mina de Touro denuncia que a Xunta favorece ás empresas e non ao medio ambiente
A plataforma contra a mina de Touro denuncia que a Xunta favorece ás empresas e non ao medio ambiente

APlataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non móstrase "preocupada" polo proxecto da nova lei de avaliación ambiental, cuxa tramitación iniciou este xoves o Goberno galego, e reclama maior "seguridade xurídica" tanto para a Administración como para os operadores económicos. 

A través dun comunicado, este colectivo contrario á canteira critica este novo texto lexislativo que, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten o obxectivo de "simplificar e axilizar" os procedementos de avaliación ambiental para "favorecer o desenvolvemento económico" sen rebaixar a protección da contorna.

"Talvez pensa o Goberno galego que a tramitación do proxecto para a reapertura e ampliación da mina de Touro-O Pino, que dura xa preto de 3 anos, está a sufrir un atraso inxustificado por estar a se realizar a súa avaliación ambiental ao amparo da lei estatal", critica a plataforma veciñal.

E é que, tal e como sinala o colectivo, a tramitación desta canteira "esténdese no tempo porque o proxecto non é viable", tal e como o indicaron --afirma-- "os técnicos de diferentes departamentos da Administración nos seus informes sectoriais, en moitos casos por dúas veces". "Pero inexplicablemente, no canto de darlle carpetazo, ségueselle dando a oportunidade á empresa, Cobre San Rafael, para emendar a documentación ou presentar outra nova", engade.

Así as cousas, a plataforma veciñal contra a mina de Touro-O Pino clama "pola seguridade xurídica" tanto da Administración como dos operadores económicos privados e pregúntase: "Quen dá esa seguridade aos cidadáns do montón? Para quen goberna este goberno?". 
Comentarios
Lo más