O fortín arranca a segunda volta con victoria

O fortín arranca a segunda volta con victoria
O fortín arranca a segunda volta con victoria

Victoria pola mínima que supón a 11 de 11 no fortín de San Lázaro.

Compostela 1 0 Alondras
 

Volvía a esedé a casa tralo partido intenso de Ourense para comezar a segunda volta do campionato buscando seguir sendo inexpugnables na casa e mantendo o liderato. Así, ca intensidade que caracteriza aos composteláns, non tardou en chegar a primeira opción de gol. Entrada por banda de Jimmy, que intentou o centro potente, pero Ayoub salvouna abaixo evitando o remate.

De novo buscaría o primeiro o conxunto local no minuto 13 cun pase filtrado de Álvaro Casas para o desmarque de Brais Abelenda, este sentou a Abel no recorte, pero o seu intento de asistencia cazouno Ayoub. Un Ayoub que pouco despois volvería a salvar ao seu equipo. Gañou a liña de fondo Saro, puxo o pase atrás para Brais Abelenda e o pichichi branquiazul buscou un disparo con efecto e picado que sacou o meta cunha gran estirada. O seu rexeite petou en Hugo, pero saíu cara atrás.

Buscaba e buscaba a esedé un tanto que a piques estivo de chegar no 25'. Centro de Miki desde a liña de fondo ao segundo pau que rematouy de volea Hugo Sanmartín, pero saíulle un pouco cruzado de máis. Pouco despois, volveu recibir Brais Abelenda á espalda da defensa, aguantou o envite dos centrais e puxo un pase horizontal ao que non chegou Samu por moi pouco.

Tiña o control o Compos pero resistía a aparecer o gol. Primeira metade de claro color branquiazul, cun dominio total do xogo ante un Alondras totalmente pechado atrás. Non se moveu o marcador no Vero Boquete de San Lázaro. 

Xa no segundo tempo, tras un primer intento de Baleato, a piques estivo de chegar o primeiro. Parede entre Miki e Samu, con asistencia do mediocentro por encima da defensa, pero "o lóstrego de Nigrán" cruzou en exceso ante Ayoub.A insistencia local deu o seu froito no 59' . Estreábase como goleador Pablo Antas tras buscalo durante 20 xornada. Rematou na área pequena aproveitando o toque de cabeza de Abelenda tralo centro sensaciones de Sanmartín.

O dominio local, xa reflexado no marcador, continuaba sobre un terreno de xogo non que se viviu un tramo de partido sen ocasións nas áreas. Consumíanse os minutos e a victoria local estaba cada vez máis preto. Un triunfo no fortín e un triunfo para seguir sendo líder indiscutible. No 88' rozou o segundo o Compos. Contra perfecta dos locais que acabou nos pés de Mon, tras asistencia de Sergio Pereira, pero no seu intento de vaselina, o balón marchou cruzado en exceso.

Nos últimos compases o colexiado expulsou ao adestrador local e xa no desconto tivo ao última a esedé. Primeiro Pablo Antas topou con Ayoub no man a man e despois Gabri Palmás, mandouna ao longueiro no rexeite. Victoria pola mínima que supón a 11 de 11 no fortín de San Lázaro. 

Ficha técnica
Compostela: Pato, Saro, Jimmy, Álvaro Casas, Soto, Samu, Miki (Gabri Palmás, min 75) Baleato, Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Sergio Pereira, min 70) y Brais Abelenda (Mon, min 83)
Alondras: Ayoub; Jesús Varela, Javi, Agujetas (RIcard, min 82), Pablo; Abel, Pichu (Arnosi, min 87); Cora (Jonás, min 70), Luismi, Mauro; e Marwan
Goles: 1-0, min 59: Pablo Antas
Árbitro: Bruno Méndez Castro. Amonestó a
Incidencias: Partido correspondiente á vixésima xornada del Grupo I de Tercera disputado no Vero Boquete de San Lázaro
 
Comentarios
Lo más