Aemet activa para este luns a alerta laranxa na costa da Coruña

Aemet activa para este luns a alerta laranxa na costa da Coruña
Aemet activa para este luns a alerta laranxa na costa da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este luns a alerta laranxa (risco importante) na costa da Coruña por ondas de ata 5 metros e ventos que poderán alcanzar os 80 quilómetros por hora. 

En concreto, esta situación provocada pola borrasca 'Gloria', que azouta a toda a península Ibérica, darase no litoral coruñés a partir das 12,00 horas da xornada deste luns e prolongarase ata as 18,00 do martes. No interior da provincia a alerta será amarela e tan só durará entre o mediodía e a tarde.

Ademais, a costa de Lugo e Pontevedra continuarán en aviso amarelo (risco) ao longo do luns, unha inestabilidade que Aemet non prevé que se prolongue ao martes. Nestas zonas, os ventos soprarán con velocidades de entre 70 e 80 quilómetros por hora, mentres que as ondas serán de 4 metros.

Como consecuencia deste fenómento que chegará a practicamente todo o litoral galego este luns, o 112 Galicia recomenda aos cidadáns que se afasten de praias, paseos marítimos e diques, que eviten navegar e pacticar deportes acuáticos e que non se deteñan a sacar fotografías.


Comentarios
Lo más