O GES de Padrón xa conta cun novo vehículo para as súas emerxencias

O GES de Padrón xa conta cun novo vehículo para as súas emerxencias
O GES de Padrón xa conta cun novo vehículo para as súas emerxencias

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Padrón conta desde hoxe cun novo vehículo para as súas actuacións de emerxencias

Esta mañá a Praza de Macías foi escenario da entrega dun novo vehículo para o Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Padrón na que estiveron presentes o alcalde da localidade, Antonio Fernández, a concelleira de Turismo e Cultura, Lorena Cousa, o concelleiro de Protección Civil e Emerxencias, Ángel Rodríguez, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, o delegado territorial da Xunta na Corña, Ovidio Rodeiro e o deputado da comisión de Promoción Económica e Asistencia a Municipios da Coruña, Blas García Piñeiro.

Trátase dun camión tipo Bomba Rural Pesada (BRP) totalmente equipado para todo tipo de intervencións tanto en áreas urbanas como do rural e nos que investiu preto de 200.000 euros na súa adquisición.

Este novo vehículo dispón dunha cisterna de auga de 3.000 litros de capacidade e unha bomba centrífuga con presión combinada para o lanzamento de auga tanto en alta como en baixa presión. Ademais, dispón de equipos de radio dixital homologado co que acceder á Rede Corporativa de Comunicacións Móbiles Dixitais de Seguridade e Emerxencias de Galicia.


O alcalde de Padrón, Antonio Ferńandez, quixo agradecer "a sensibilidade da Xunta en materia de emerxencias xa que a Padrón, Rois e Dodron xa quedan abastecidos de forma completa ante calquer tipo de actuación".

Pola súa parte, Alfonso Rueda, destacou o "grande investimento" que está a facer a Xunta de Galicia nos últimos tres anos en materia de emerxencias. "A Administración galega investiu máis de 12 millóns de euros en equipamento deste tipo aos diferentes concellos da naosa comunidade", asegurou o vicepresidente.

Ante as preguntas dos medios, Fernández e Rueda confirmaron que ante o peche do GES de Valga, o GES de Padrón asumirá "de forma transitoria" as emerxencias de Pontecesures e Valga á espera de que a nova sede pase a Caldas e desa maneira poda abarcar toda a comarca do baixo Ulla de Pontevedra.


Comentarios
Lo más