Primeiro triunfo do Victoria FC neste 2020

Primeiro triunfo do Victoria FC neste 2020
Primeiro triunfo do Victoria FC neste 2020

Con este triunfo o Victoria FC permanece na cuarta praza a dous puntos do Deportivo B, terceiro con 31, e a catro xa do Oviedo B e do Valladares, quinto e sexto respectivamente

Importante triunfo do Victoria FC, o primeiro do ano 2020, na súa visita ó CDE Racing Féminas B (0-1). O conxunto compostelán afrontaba o encontro con importantes baixas na plantilla e co obxectivo de reaccionar trala dura derrota da xornada anterior na casa ante o Sporting B, pero as xogadoras que dirixe Chivi García souberon expoñer madurez, paciencia e actitude para amarrar o noveno triunfo da tempada e aferrarse á cuarta praza da clasificación.

Foi un partido moi disputado. As 'rojillas' non foron quen de estar cómodas en ningún momento con balón e sen él chegaban tarde á presión. Calquera dos dous equipos puido poñerse por diante no marcador.

Despois do descanso todo cambiou. "Estivemos mais xuntas no medio campo e mais participativas. Houbo un cambio de actitude importante e superamos con claridade ó rival, anque tamén tivo o Racing as súas oportunidades para adiantarse aproveitando que o Victoria FC estaba volcado en facer gol", explica o adestrador santiagués.

Coas locais xa pedindo a hora e dedicadas a perder tempo dando por bo o 0-0, chegou o tanto santiagués. Unha xogada a un toque entre as mediaspuntas remataba cun pase medido a Noela Sánchez que marcou o gol do triunfo no desconto firmando unha importante vitoria nun campo moi complicado.

Destacou tamén o debut de Lucía na portería que xogou os 90 minutos así como de Anita, xogadora do equipo B que saiu na segunda metade facendo un gran partido no centro do campo.

Con este triunfo o Victoria FC permanece na cuarta praza a dous puntos do Deportivo B, terceiro con 31, e a catro xa do Oviedo B e do Valladares, quinto e sexto respectivamente. Precisamente o próximo domingo visita ó equipo vigués que ven de gañar en Gijón ó Sporting B por 0-1.

Comentarios