O Peleteiro masculino remata a primeira fase cunha gran victoria

O Peleteiro masculino remata a primeira fase cunha gran victoria
O Peleteiro masculino remata a primeira fase cunha gran victoria

O equipo saiu enchufado desde o principio, sobre todo á hora de atacar, e collían unha vantaxe de 8 puntos ao finalizar o cuarto

Vitoria contundente para finalizar a primeira fase ante un Calvo-Artai que se presentaba con só 7 xogadores. Os de Peleteiro tamén contaban coas baixas de David e Ravi que non xogaron por precaución ante as molestias que tiñan e uníase tamén Pedro, no segundo cuarto, cunha forte picada nas costas.

O equipo saiu enchufado desde o principio, sobre todo á hora de atacar, e collían unha vantaxe de 8 puntos ao finalizar o cuarto.

No segundo cuarto mantiveron o nível en ataque cun gran acerto de Antón con 12 puntos, mentras que en defensa permitiu aos composteláns tiros cómodos que os de Carballo aproveitaban para manterse no partido.

Tras o paso polo vestiario chegaron de novo os mellores minutos de xogo. Cun Vicario desatado na anotación (18 puntos neste cuarto) e cun gran traballo defensivo os de Peleteiro recharon definitivamente o partido cun parcial de 32-11.

No último cuarto os dous equipos continuaron competindo, a pesar da diferencia do marcador, ate o pitido final.

Con esta xornada rematou a primeira fase e iniciase a segunda o primeiro fin de semana de febreiro. Os composteláns esperan ao sorteo do calendario para ver contra quen empezan. Do grupo volveran a verse as caras co CB. Arteixo e o Compañía de María, e do outro grupo co Porriño B, o CB. Allariz e o Salesianos de Vigo. 

Comentarios